O lavado da roupa a finais de 1800
O lavadoiro da Cidade Alta.
O lavadoiro do Parrote foi construído en 1893 ao pé da muralla do Xardín de San Carlos. Abastecíase dun ramal derivado da fonte da praza da Constitución. No último terzo do século XIX o concello propúxose afastar do centro da cidade as actividades que resultaban menos hixiénicas. Deste xeito, en 1866 sustituíronse os lavadoiros das fontes de San Andrés e de Santa Catalina polo da plazuela do Caramanchón, que desaparecía máis tarde ao ocupar o seu emprazamento as novas Escolas da Guarda. Todo iso obrigou a dotar dun lavadoiro á Cidade Alta polo que foi construído iste do Parrote. Como se aprecia na vella imaxe, a roupa tendíase ao pé das murallas do Xardín de San Carlos e o lugar era punto de encontro para os habitantes do barrio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario