Unha factura de hotel do ano 1915.
Aquí temos unha factura cobrada a unha familia que se hospedou durante dous días, no mes de maio de 1915, no Gran Hotel de Francia da Coruña.
Pola mesma podemos coñecer o que custaban naquela época algúns dos servizos ofrecidos por este establecemento.
O Gran Hotel de Francia comezou a súa actividade a finais do século XIX, aínda que posteriormente cambiou a súa denominación pola de Hotel España.O seu emprazamento facía esquina coas rúas Juana de Vega e Alameda, conformando a Praza de Mina, dando así de fronte a varias rúas para favorecer os seus obxectivos comerciais
O lugar era entón punto de separación entre a cidade histórica e a nova Coruña que se comezaba a construír no ensanche. O edificio desapareceu en 1967 e no seu lugar edificouse un máis moderno que serviría de sé a un banco. O edificio do Hotel de Francia respondeu á necesidade de dotar á cidade de infraestructuras para o aloxamento de viaxeiros na nosa cidade, que xunto ás necesarias para o transporte dos mesmos, determinou a aparición deste establecemento así como o nacemento dos edificios da Estación do Norte, Cocheiras de Tranvías, Hotel Atlantic, Hotel Ferrocarrilana e Hotel Palace.
3 comentarios:
hola estoy organizando un "cafe & blogs
seria grato contar con tu presencia
mi email es planetfrank en gmail punto com
Y cual era el precio? , que no consigo lleerlo
A suma total desa factura é de 131,20 ptas da época (que non eran poucas)
Publicar un comentario